Del 20 al 22 de octubre de 2010 se celebra en la Real Abadía de Samos y en la Casa da Cultura de Sarria el I Congreso Internacional Cluny e o Camiño Franco. El evento se presentó el jueves día 14 de octubre a las ocho de la tarde en la Casa de Galicia de Madrid (c/Casado de Alisal, 8), con la presidencia de José Luis Vélez Álvarez, prior de la Real Abadía de Samos y Juan Luis López Díaz, presidente de la Asociación Serra do Édramo. El director de la Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, ofició como anfitrión de la puesta de largo de este congreso, "que nace alumbrado por el Año Xacobeo pero con clara vocación de continuidad en años venideros".
Circular:
"Congreso Internacional Cluny e o Camiño Franco que propón a Real Abadía de Samos xunto coa Asociación Serra do Édramo, é o primeiro evento que por envergadura se fai na comarca de Sarria. Cluny e o mundo beneditino ao carón do Camiño Sacro, o Camiño Franco, centrará as xornadas diarias; e con el preténdese acadar un maior grado de coñecemento da importancia dos mosteiros e dos monxes negros ao redor do Camiño, e en todas as manifestacións da nova sociedade: a Europa Feudal.
odemos remontar o comezo da vida en comunidade en Samanos ao século VI. A desaparecida Lápida de Ermefredo, datada no século VII, confírmanos a primeira restauración do mosteiro e indícanos a anterioridade da fundación monástica. E aínda que ignoramos o poder da abadía galega en tempos tan remotos, é a partir de Fruela I (757- 768) cando o mosteiro se converte nun bastión rexio e o seu dominio comeza a prefigurarse. Co seu fillo, Afonso II (791-842), Samos e Compostela estarán desde sempre e para sempre unidas.
Tralo asasinato do seu pai e por mor das posibles represalias, Numia –a súa nai- e Adosinda –a súa tía-, xunto á elite leal ao rei desaparecido, deciden trasladar a Afonso II a terras galegas. É na Abadía de Samos onde futuro monarca pasa os seus anos de formación e aprendizaxe. Segundo indica C. Baliñas (1998) “De las experiencias de este exilio le quedarían al futuro Alfonso II una fuerte atracción por Galicia y una comprensión de sus realidades que se harán de notar en su futura actuación de monarca, contrastando con el “asturianismo” a ultranza de reyes como su padre”. Posiblemente o seu paso por estas terras e á comprensión das súas xentes dende rapaz, axudaría nos futuros pactos coa nobreza galega e a anexión de Galicia ao Reino Ástur.
E continúa indicando “También es más que una suposición el considerar que su educación en un centro monástico tan íntimamente conectado con Toledo influiría muy positivamente tanto en el nivel de su cultura como en su marcado interés por la restauración de la tradición socio-política heredada del reino visigodo y así mismo en su indiscutible gusto por la religión y los asuntos eclesiásticos –aspectos todos que señalarán posteriormente las crónicas al evaluar su reinado”. Posiblemente Samos marcou a súa vida achegando de primeira man o factor relixioso na “Reconquista”.
Criado polo abade Argerico e refuxiado na Abadía de Samos, Afonso II rubrica a unión entre a monarquía e os cenobitas na dotación de “millas “in giro ecclesie”” -Libro dos Números 35, 1- 4-, concedida no ano 811 a favor da comunidade. Non é casual que no ano 834, vinte e tres anos despois de facelo en Samos, o rei “Casto” concedera a Compostela un circuíto propio medido en millas. A Abadía de Samos –a súa casa- e Compostela –locus sancto polas súas reliquias- materializaran a política emprendida polo monarca ástur. Nela os relatos do Antigo Testamento comezan fundamentar as Crónicas Ástures, e o reparto da Terra Prometida aseguraba as súplicas dos oradores na “Reconquista”.
A dotación de “millas “in giro ecclesie”” supuña para a Abadía de Samos a exención do poder rexio, nobre e eclesiástico no seu territorio -15 quilómetros cadrados-; e prefiguraba un século antes a primeira dotación da Abadía de Cluny, na Borgoña francesa. índa que existe na actualidade certas discrepancias sobre a data de fundación da Orde de Cluny, entre o 9 e o 11 de setembro do 909 ou 910, o certo é que, por aquelas datas Guillerme III de Aquitania concedía ao monxe Bernon un solar na rexión de Maçon - Borgoña- para que edificara un mosteiro. O feito en si, equiparable a outros moitos coetáneos, ofrecía pola contra a peculiaridade de que, desde un principio, Bernon e os seus compañeiros se acollían á "inalienable propiedade dos Santos Pedro e Paulo", ou o que é o mesmo, á directa protección da sede de Roma. Grazas a esta exención o mosteiro subtraíase da diocese e da coroa sentando as bases dunha supranacionalidade. Desde un principio o obxectivo orixinario de Cluny, non era outro que o de volver ao espírito e á letra da regra beneditina, mais o certo é que se crea un verdadeiro imperio monástico rexido con man de ferro polos abades de Cluny que a fins do século XI contaba con numerosas casas e agrupaba a máis de 10.000 monxes. Durante o goberno de Hugo o Grande, o "rei de Cluny" (1049-1109), sistematizáronse definitivamente os aspectos organizativos da orde, e da súa man e das súas intrigas políticas chega á diocese de Iria/Compostela o monxe Dalmacio.
Convertida xa nun foco de peregrinación á mesma altura que Xerusalén e Roma, mais aínda subxugada á diocese de Iria, a chegada de Dalmacio comezaba a prefigurar a súa imaxe actual. Elevado á dignidade bispal en 1094, Dalmacio asiste á consagración de Cluny III na que está presente o Papa Urbano II, da súa man no Concilio de Clermont Dalmacio consigue a liberdade da Sé Compostelá paso primordial e premonitorio da entidade metropolitana de dita Sé que conseguirá o seu sucesor Diego Xelmirez. Cluny convértese para Compostela no elo mediador e Dalmacio no home que abre o camiño.
Foco inspirador da arte románica e da estabilidade da sociedade europea destes séculos, a presenza de Cluny en Galicia –Vilafrío, Xubia, Pombeiro...- e no Camiño – Nájera, Carrión, Frómista… - evidencian os procesos de bieitización das vellas abadías como a de Samos que dende alén dos tempos estaba unida a Compostela e ao Camiño Sacro".
Carolina Casal
Directora Científica
Más información: http://congresocluny.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario